Ciclo de cine no CGAC: O cine como celebración

“Están engalanando o edificio, todo o mundo está preparado para o banquete. Hai unha celebración en marcha, as luces están acesas, as cámaras prepáranse para rexistrar o evento e a gran pantalla lista para amosárnolo. Pensemos no cinema como festa, como acto colectivo, como reunión social consensuada que lles permite ás persoas xuntarse e gozar dun evento colectivamente. O rito do encontro entre semellantes e descoñecidos arredor dunha proxección. O filme como celebración, pois, que é do que se trata nesta ocasión.

E é que neste mes de xullo retomamos o cinema de verán para festexar que o CGAC fai 25 anos, e este ciclo únese á celebración cunha serie de filmes que xiran arredor da idea da festa. Festa como reunión de propios e estraños, como escenario do inesperado e o inverosímil, con convidados como un Peter Sellers capaz de tornar un ríxido serán en disparatada esmorga, con impedimentos e sucesos constantes coma os que impiden que seis fachendosos membros da clase alta consigan sentar tranquilos a cear e gozar. E é que as ganas de xoldra non poden reprimirse, igual que lle acontece a ese grupo de amigos que se xuntan en Newton Haven para retomar a festa inconclusa 20 anos antes, e que nin sequera acontecementos apocalípticos poderán impedir. E que mellor motivo para celebrar algo que os aniversarios? Como os 90 anos da avoa Sakae, símbolo de toda unha tradición do seu país, ou os 30 que lle fan reflexionar a Francisco sobre quen é e cara a onde vai a súaa vida. Todos eles e todos nós estamos convidados a esta colectiva celebración cinematográfica do inverosímil e o aloucado. Brindemos polo homenaxeado!”

Texto de Julio Vilariño Cabezas para o Ciclo de cine de verán do CGAC

PROGRAMACIÓN POR DÍAS

Mércores, 4 de xullo ás 22.30h
A festa
(The Party, de Blake Edwards, EEUU, 1968, 99 minutos)

Xoves, 5 de xullo ás 22.30h
Guerra de verán
(Sama Wozu, de Mamoru Hosoda, Xapón, 2009, 114 minutos)

Mércores, 11 de xullo ás 22.30h
O discreto encanto da burguesía
(Le Charme discret de la bourgeoisie, de Luis Buñuel, Francia/Italia/España, 1972, 100 minutos)

Xoves, 12 de xullo ás 22.30h
O fin do mundo
(The World’s End, de Edgar Wright, Reino Unido, 2013, 106 minutos)

Mércores, 18 de xullo ás 22.30h
A cara que mereces
(Miguel Gomes, Portugal, 2004, 108 minutos)

Podedes descargar o folleto da actividade aquí!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s