Mudar de vida

“A película está estruturada en dous bloques, onde o primeiro ten unha función principalmente documental (…) A atención do cineasta, tras ter definido brevemente a situación inicial, desprázase cara a vida dos pescadores e o seu traballo. (…) O personaxe de Adelino perde progresivamente a artificiosa dimensión que tiña ao comezo e sérvelle ao realizador de vehículo narrativo para compoñer de modo directo un cadro da pobreza, da fame, do analfabetismo, das doenzas que non son marxinais respecto ao resto da realidade portuguesa. Esta primeira parte da película articulase de maneira dialéctica respecto da segunda, onde o cineasta utiliza unha personaxe feminina -Albertina- para propoñer unha alternativa ideolóxica que rechaza esa vida. Cada xesto desta personaxe transfórmase, dun modo alusivo, nunha protesta, nun rexeitamento de calquera tipo de comportamento pasivo. Albertina quere fuxir, por iso rouba a caixa da esmola dunha igrexa. Quere formar por si mesma a súa propia vida no estranxeiro, en Francia. A súa revolta non é consciente a nivel ideolóxico, pero é consecuente con todas as súas accións. (…) É ela quen asume a tarefa de conducir a Adelino a unha toma de conciencia máis nacional, basada na confianza nos seus propios medios. (…) O filme denunca, na segunda parte, unha fraqueza visual absoluta debida ao desaxuste entre as peripecias da vida privada dos personaxes e as intencións do cineasta, pero tamén é evidente que este feito deriva das dificultades para producir unha película deste tipo en Portugal”.

[Texto extraído do especial Paulo Rocha da revista Lumière. Publicado orixinalmente en Paulo Rocha. O Rio do Ouro, pola Cinemateca Portuguesa – Museu do Cinema, Lisboa, 1996]

Mércores 30 de maio ás 21:30 horas no Pichel
Mudar de vida
(Mudar de vida, Paulo Rocha, Portugal, 1966, 90′, VOSG)
Coa presenza de Ana Estévez Lavandeira
Directora da 13ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s