Disertamos ‘Trazas’, sección da 13ª MICE

On the Bowery
(Lionel Rogosin, EUA, 1956, 65′)

Tres días na vida de dous vagabundos alcoholizados polo barrio neoiorquino de Bowery sérvelle a Lionel Rogosin para facer un retrato dos Estados Unidos que non se representaba no cine comercial e que acabaría emerxendo nos filmes do “Novo Cinema Americano” do que On the Bowery foi un dos primeiros fitos. Misturando a inmediatez do directo coa elaboración ficcional, On the Bowery continúa sendo unha obra mestra entre a ficción e o documental.

 

Trás-os-montes
(Margarida Cordeiro e António Reis, Portugal, 1976, 111′)

Considerada a obra mestra do cine portugués, segundo Jean Rouch “a revelación dunha linguaxe cinematográfica nova”, constitúe un referente para as xeracións de cineastas por vir. Un retrato da rexión de Trás-os-Montes, onde os cineastas pasaron anos filmando paisaxes e vilas e coñecendo a xente do lugar (onde os protagonistas do filme estaban en pé de igualdade cos seus directores). Un crisol de historias reais-inventadas, postas en escena e textos, no que Margarida Cordeiro e António Reis fan resoar en cada imaxe os mitos da terra, o folclore, os ciclos da vida e as historias de quen a habita.

 

Turumba
(Kidlat Tahimik, Filipinas, 1981, 88′)

En Pakil, unha vila tradicional na provincia de Laguna, unha familia vive de facer figuriñas de papel maché que logo venden en Turumba, o festival relixioso anual. O seu ritmo de traballo vese alterado cando un empresario alemán merca todas as existencias e realiza un pedido para a celebración xermana do Oktoberfest. Deste xeito o traballo estacional convérsese nunha alienante tarefa anual e, nun momento dado, a vila enteira acaba por transformarse nunha cadea de produción de mascotas para a Olimpíada de Múnic 1972.

 

Nice Coloured Girls
(Tracey Moffatt, Australia, 1987, 17′)

Tres mulleres aborixes atravesan Kings Cross e recollen un “capitán” (un home branco borracho). Anímano a gastar os seus cartos nelas e beber ata quedar incapacitado mentres lle rouban a carteira e corren a coller un taxi. Nice Coloured Girls contrasta a relación entre mulleres aborixes e homes brancos no pasado e no presente. A través do contrapunto de son, imaxe e texto impreso, o filme transmite a perspectiva das mulleres aborixes ao tempo que recoñece que a opresión e o silencio forzoso aínda dan forma á súa consciencia.

 

Daugther Rite
(Michelle Citron, EUA, 1978, 53′)

Este clásico do cinema feminista cuestiona a candidez tradicionalmente asociada aos rexistros familiares e denuncia os silencios cómplices que relegaban a violencia sexual ao ámbito privado a través dun uso crítico e reflexivo das estratexias fílmicas (o documental e o arquivo doméstico). Daugther Rite convida así a reflexionar sobre a verdade documental, a verdade da unidade familiar e a dos filmes que albergan a súa memoria.

[coa colaboración da Cinemateca Portuguesa, Festival de Sevilla, Les Blanks Films, Woman Make Movies e Cineteca di Bologna]

Podes descargar o folleto da programación da 13ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico aquí

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s