Cinema experimental australiano (Sesión II)

“En 1970 Ubu transformouse na Sydney Filmmakers’ Co-Op, que funcionou ata 1986. Co paso dos anos tanto Thoms como Perry adentrarianse no terreo da longametraxe comercial, o primeiro coa súa narrativa Palm Beach (1980) e o segundo co seu ensaio The Refracting Glasses (1992), que tanto en común ten co cinema de Chris Marker. Ensaístico e abstracto ao mesmo tempo é Marinetti (1969), de Thoms, que comeza cun longo plano negro sobre o que se debate de estética e do movimento futurista italiano; pouco a pouco a imaxe, variegada e abstraída, vai adquirindo presenza entanto a voz desaparece. É unha película-manifesto na que a imaxe tenta ilustrar o discurso e na que o discurso acaba introducindo o elemento humano subxectivo na ecuación, como acontecía na letrista Traité de bave et d’eternité (1951) de Isidore Isou.

A Melbourne Filmmakers’ Co-op tivo unha vida máis breve (1970-1977). Foi fundada por cineastas como Michael Lee e Peter Tammer. Lee é o autor da excepcional e irreverente The Mystical Rose (1976), na que combina fotografía con animación para exorcizar os seus fantasmas católicos. Tammer realizou Journey to the End of Night (1982), diario dun soldado filmado quarenta anos despois dos feitos, e Fear of the Dark (1985), na que un asasino resulta ser un actor que interpreta un asasino nunha fantasía visual sobre os nosos medos.

No quarteto Hey Marcel… (1984) Tammer reinterpreta en chave cinematográfica, por medio de superposicións, a pintura de Marcel Duchamp Nu descendendo unha escada. É unha peza visual e pictórica ou, en palabras do autor, unha “catarata de carne”. En certa maneira Tammer devolve a pintura de Duchamp ás súas orixes (proto)cinematográficas, a Muller baixando unha escada (1887) do fotógrafo Eadweard Muybridge”.

[Fragmento de “Ubu nos antípodes. Aproximación ao cinema australiano” por Alberte Pagán]

Mércores 23 de maio ás 21:30 horas no Pichel
Cinema experimental australiano (Sesión II)

Instrución no patio
(Square Bashing, Stephen Harrop, Australia, 1982, 9’, VO)
Imitación da vida
(Imitation of Life, Mark Titmarsh, Australia, 1984, 15’, VO)
… De todo
(…Of Everything, Gary Warner, Australia, 1987, 8’, VO)
Ponte da bahía de Sydney
(Sydney Harbour Bridge, Paul Winkler, Australia, 1977, 13’, VO)
Rote Movie
(Rote Movie, Dirk de Bruyn, Australia, 1994, 11’, VOSG)
Pinga
(Drop, Nicholas Nedelkopoulos, Australia, 2016, 6’ VO)
Ei, Marcel
(Hey Marcel, Peter Tammer, Australia, 1984, 17’, VO)
Outro
(Other, Tracey Moffatt, Australia, 2010, 6’, VOSG)
Programada por Alberte Pagán

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s