Cinema experimental australiano (Sesión I)

“Paralelamente en Sydney nacía outro grupo de cineastas, máis compacto, que se bautizaron como Ubu Films, en homenaxe á irreverente e proto-surrealista personaxe de Alfred Jarry, e tiñan na revista Ubunews o seu órgano difusor. Ubu Films funcionou a partir de 1965 e o seu era un cinema con menos inquietudes narrativas e sociais e maior preocupación formal, ao tempo que avogaba por unha maior liberdade creativa.

Esa liberdade permitía enfoques cinematográficos diversos e mesmo contraditorios, desde o máis narrativo (The tribulations of Mr DuPont Nomore, de David Perry, 1967) ata o máis abstracto (Moon Virility, de Albie Thoms, 1967); dende o conceptualismo de Transition (Aggy Read, 1967), na que múltiples liñas dividen a pantalla en anacos que son progresivamente pintados de negro ata completar a transición do branco ao negro, ata o lirismo persoal e familiar de pezas como A Sketch on Abigayl’s Belly (1968), na que David Perry filma, fragmentando tempo e espazo, o corpo da súa muller embarazada, inserindo detalles metafóricos como frutas ou un globo cheo de auga; e dende o máis underground, desinhibido e caseiro (o retrato infantil Tobias Icarus Age Four de Clemency Weight, 1968) ao máis formal e experimental, como Halftone (1966), na que unha media-tinta dun xornal, ampliada ata a abstracción, serve de imaxe ao tempo que provoca o son óptico: vemos o que escoitamos, escoitamos o que vemos. Halftone é moi similar en concepto e en imaxe a Newsprint (Guy Sherwin, 1972), e antecede proxectos similares como Dresden Dynamo (Lis Rhodes, 1971) ou 10 Drawings (Steve Farrer, 1976).

Tamén formal, aínda que non abstracto, é o Bolero (1967) de Albie Thoms, no que, en paralelo a música de Ravel, a cámara avanza por unha rúa ata achegarse ao rosto e ao ollo dunha muller sentada baixo un parasol. Por motivos técnicos o cineasta tivo que facer dous cortes que lle permitiran mostrar un primeiro plano da muller e o detalle final do ollo. O que para Stephen Dwoskin é unha gralla estética, na realidade dálle un carácter persoal e independente, moi acorde cos presupostos de Ubu, xa que en definitiva os medios técnicos, ou as súas carencias, non poden deixar de formar parte do resultado estético final e, por tanto, do significado da obra. Bolero comparte o concepto coa canadiana Wavelength (Michael Snow, 1967). Ambas foran seleccionadas para o festival belga de Knokke-le- Zoute daquel ano”.

[Fragmento de “Ubu nos antípodes. Aproximación ao cinema australiano” por Alberte Pagán]

Mércores 16 de maio ás 21:30 horas no Pichel
Cinema experimental australiano (Sesión I)
Semitón
(Halftone, David Perry, Australia, 1966, 1’, VO)
Transición
(Transition, Aggy Read, Australia, 1967, 2’, VO)
Bolero
(Bolero, Abie Thoms, Australia, 1967, 14’, VO)
Un esbozo sobre o ventre de Abigayl
(A Sketch on Abigayl’s Belly, David Perry, Australia, 1968, 2’, VO)
Tobias Icarus, 4 anos
(Tobias Icarus Age Four, Clemency Weight, Australia, 1968, 4’, VO)
Sen home
(Manless, Maria Kozic, Australia, 1981, 12’, VO)
Sen título
(Untitled, Merilyn Fairskye, Australia, 3’, 1984, VO)
Respiración
(Breathbeat, Stephen Cummins, Australia, 1984, 4’, VO)
É, si
(Yes It Is, Virginia Hilyard, Australia, 1985, 4’, VO)
Fóra da xanela
(Out the Window, Catherine Hourihan, Australia, 1985, 8’, VO)
O mundo tal e como o coñecemos
(The World As We Know It, Catherine Lowing, Australia, 1985, 16’, VO)
Cambio de lugar
(Change of Place, Kathy Smith, 1985, 4’, VO)
Programada e presentada por Alberte Pagán

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s