Soylent Verde

(…) Soylent Green, unha adaptación da novela de Harry Harrison Make Room! Make Room!, vai na dirección oposta [a The Omega Man, que presenta a Charlton Heston vagando por unha metrópole abandonada, algo que farían despois Vanilla Sky ou 28 Days Later] e lanza a Heston a rúas cheas de masas sobrepoboadas ansiando un momento para respirar libremente, ou cando menos conseguir unha boa comida. (E onde The Omega Man é claramente un comentario sobre o apagamento do idealismo dos 60, Soylent Green lese como o produto dun idealista dos 60 que acabase por amargarse). Situada na Nova York do século XXI, o filme presenta a Heston como un detective corrupto e sen remordementos que investiga a morte do privilexiado burócrata Joseph Cotten. Aínda que o misterio ten sido estropeado dalgún xeito por un xiro final revelado demasiado a miúdo, Soylent Green segue a funcionar grazas ao firme manexo que o director Richard Fleischer fai dunha das máis sinistras e tristemente plausibles distopías levadas ao cinema. (…)

[Tirado de The Omega Mande Keith Phipps, publicado en The AV Club en agosto de 2003].

Mércores 9 de maio ás 21:30 horas no Pichel
Soylent verde
(Soylent Green, EUA, 1973, 97′, VOSG)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s