Todo o mundo é alguén. Rexistros dunha escena galega.

gropo-gropo.png

“Esta tendencia [a que os documentais musicais xiren arredor da personalidade de figuras carismáticas] ten sentido, porque o pop é, como indicou Simon Reynolds, “un fenómeno audiovisual, unha forma da arte híbrida na que as letras e a personalidade son tan importantes como a música”. A música é case indisociable da xente que a fai, e así os filmes sobre música tenden a ser filmes sobre músicos (especialmente sobre cantantes). Os filmes que citei no parágrafo anterior [Let’s Get Lost, The Devil and Daniel Johnston, The Filth and the Fury, Dont Look Back, Gimme Shelter, The Last Waltz, Stop Making Sense] están entre os dez primeiros da lista dos cen mellores documentais musicais elaborada polo festival In-Edit, co que non parece esaxerado considerar esta centralidade das estrelas un trazo canónico do documental musical. Non obstante, e máis aló de pezas experimentais, existe toda outra serie de filmes que amosa un rexistro máis amplo e colectivo da experiencia ligada á música. Os exemplos máis coñecidos son aqueles ligados á comuñón multitudinaria dos festivais, como Woodstock (Michael Wadleigh, 1970) ou All Tomorrow’s Parties (Jonathan Caouette, 2009), pero aquí quero ocuparme doutro fenómeno máis ignorado: o cinema ligado ás escenas musicais locais.

Estas pequenas comunidades creativas aparecen fóra do foco mediático en diferentes momentos e lugares, e son recollidas con inmediatez por cineastas casuais, membros do público con equipos precarios que soen participar tamén da escena facendo música, crítica, programación ou o que lle cadre. Nas escenas, a centralidade das bandas compénsase co peso doutras actividades (artísticas ou non) que son tamén esenciais, se atendemos aos estudos de Sara Cohen, Barry Shank ou Bennett e Peterson: ademais dos puntos en común que as escenas teñen no musical, estes autores subliñan a importancia para definilas de elementos como o comportamento nos concertos a través do baile, o estilo de vestir, os posicionamentos políticos, o lareteo… e, en xeral, calquera acción ou actitude que poda establecerse como unha marca de coñecemento dos códigos grupais”.

Mércores 25 de abril ás 21:30 horas no Pichel
Todo o mundo é alguén. Rexistros dunha escena galega
Unicornibot – La segunda es la tercera | La tercera es la segunda @ LiceoMutante
(Gonzalo Piñeiro, Galiza, 2012, 6′, VO)

La noche del fin del mundo
(Carlos M. Peñalver, Galiza, 2012, 29′, VO)

Discos Forno – Concerto Swass 19/4/2013
(Gael Carballo / PORNO, Galiza, 2013, 15′, VO)

MULLET
(David Tombilla, Galiza, 2013, 3′, VO)

ZA! – Kalon-jah! Tewras-sah! @ Liceo Mutante
(Gonzalo Piñeiro, Galiza, 2013, 9′, VO)

GRAPO GRAPO
(Ángel Santos, Alberto Díaz ‘Bertitxi’, Galiza, 2013, 3′, VO)

TERREMOTO ANTES
(Borja Vilas, Galiza, 2014, 8′, VO)

PORNO
(Gael Carballo / PORNO, Galiza, 2014, 4′, VO)

Lamprea explosiva
(Yasmin El Hachimi, Galiza, 2017, 1′, VO)

Saumede 2017
(Gael Carballo, Galiza, 2017, 4′)

rexistro|1| volve a canción protesta
(Mar Catarina, Galiza, 2018, 5′)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s