A Guerra

O espazo urbano como hábitat de Voiná
“Para os integrantes do grupo Voiná pasar da acción artística á intervención política concreta é crucial, e é algo que, lamentan, non sempre sucede no seu país. Así, segundo Leonid Nikolayev hai numerosos creadores progresistas rusos que “van a Europa a expoñer e falan sobre ideas de esquerdistas, pero cando volven a Rusia non dubidan en apoiar ao poder e enriquecerse á súa costa”. Alexey completa ao seu compañeiro, afrrmando que existe “unha gran cantidade de destacados artistas en Rusia” pero “actualmente non hai moitos involucrados nunha protesta real”.

Esta “protesta real” debe ocorrer necesariamente no espazo público urbano, e é por iso que as accións de Voiná suceden sempre nas rúas. “Do mesmo xeito que un peixe non interactúa coa auga ou un paxaro co aire, non pode dicirse que nós interactuemos coa rúa. A rúa é o noso ambiente natural, onde facemos arte. Internet é a nosa galería”, explica Alexey. Esta afirrmación –o uso habitual da performance urbana- é unha das características principais dos colectivos “ artivistas” contemporáneos (Fernández e Martínez Mauri, 2013), que “desenvolven no espazo público” e en “lugares non seleccionados ao azar” e “simbólicos” as súas creacións (Valdivieso, 2014). Igualmente, outro elemento do comentario de Alexey parece fundamental: a substitución dos espazos tradicionais de exposición artística pola mediación dixital da Rede”.

[Tirado de “Artivismo libertario en Rusia: O grupo Voiná máis aló dos medios” por Adrián Tarín Sanz en Revista Científica de Información y Comunicación, 2016, pp. 195 – 212].

Mércores 14 de marzo ás 21:30h no Pichel
A Guerra
(The War, James Benning, EUA/Rusia, 2012, 56′, VOSG)