Colaboración co Colectivo Agrocuir da Ulloa

festival Agrocuir Ulloa

“O título Anders als die Andern tradúcese polo xeral como A diferenza dos demais, pero desa maneira se perde o xogo de palabras do alemán. Segundo Paul Werner, deriva dunha frase habitual entre os gays da época: “Nós, grazas a Deus, somos outros para a outra xente”. Isto é ben optimista, pero o filme debe facer referencia tamén a novela homónima de Bill Forster, publicada no 1904. […] O filme A diferenza dos demais non comparte o seu argumento, pero si ten algúns dos seus mesmos ingredientes: un amor gay adolescente insistentemente presentado sen ningún tipo de obscenidade, o recoñecemento da importancia do que agora chamariamos saír do armario e un final infeliz. O filme sitúase algures entre a pureza e a fatalidade da novela e o desafío optimista de dar grazas a Deus por ser diferente”.

[Tirado de “Now You See It: Studies on Lesbian and Gay Film” por Richard Dyer, London/New York: Routledge, 2003, p. 25-42].

Mércores 13 de setembro ás 21:30 no Pichel
Algie o mineiro
(Algie the Miner, Alice Guy / Harry Schenck / Edward Warren, EUA, 1912, 10′, VOSG)
A diferenza dos demais
(Anders als die Andern, Richard Oswald, Alemaña, 1919, 51′, VOSG)
En colaboración co Colectivo Agrocuir da Ulloa. Con presenza de membros do colectivo.