A historia do crisantemo tardío

“Cando Mizoguchi roda este filme, en 1939, Xapón levaba involucrado dous anos nunha guerra inxusta contra China e o cinema, controlado estreitamente polo poder militar, debe obedecer as consignas nacionalistas. O ano anterior, o Estudio Shinkô impuxéralle a rodaxe dun filme exaltando o patriotismo requirido polas autoridades: A canción do campo. Sen ser un gran home político -nunca o foi- Mizoguchi sabe ben que a súa arte, que está chegando á madurez, non está feita para esa caste de servizo ideolóxico. “Sufría”, conta o seu guionista Yoda, “unha crise invadía o seu espírito”. Non quería seguir asumindo esa colaboración pasiva coa política nacional”. Decide deixar a compañía Shinkô e volve aos estudios da Shochiku, en Kyoto, onde lle dan carta branca. “Fun a Kyoto, conta Mizoguchi, coa condición de poder facer o que quixese. Así que penso que puiden rodar ese filme (A historia do crisantemo tardío) ao meu xeito… Alí comecei a facer de verdade o meu filme”.

[Fragmento de “Xapón tour, détour” de Alain Bergala, extraída de Cahiers du Cinéma, 1981, núm. 327].

Mércores 16 de novembro ás 21:30 no Pichel
A historia do crisantemo tardío
(残菊物語 [Zangiku monogatari], Kenji Mizoguchi, Xapón, 1939, 143′, VOSG)