O espía de negro

O espía de negro

“É fácil ver por que Martin Scorsese e a súa montadora de toda a vida Thelma Schoonmaker cantan publicamente as alabanzas dos filmes de Michael Powell: O espía de negro, de 1939 e favorita de ambos, é un filme de montador, empregando tantos tiros de cámara como o filme de Lars von Trier que vos veña á cabeza, e mantendo mentres tanto unha adorable coherencia. E mentres Scorsese nunca faría un thriller tan suave e divertido, as súas ambicións técnicas son similares: para a máxima expresividade, pon a cámara no máximo de lugares – preocúpate pola narración despois. O primeiro filme de Powell co guionista Emeric Pressburger, O espía céntrase en espías alemáns, contando unha trama anti-británica da era da Primeira Guerra Mundial. Humanizando decididamente ao inimigo, e non menos a piques de comezar a Segunda Guerra Mundial, o filme de Powell supera as reinterpretacións modernas da historia como Cartas dende Iwo Jima adoptando unha sequidade cómica, e retándonos a escarallarnos de risa diante da morte dos nosos. É unha estraña e, aínda así, marabillosa incompatibilidade entre tema e tono que, aínda non sendo un éxito no que se refire a elucidar grandes complexidades morais da guerra, pídenos que tomemos un pracer inusual e quizais pouco favorecedor en vellas intrigas”.

[Tirado de Sky Hirschkron: “A Second Take: The Spy in Black” de Stylus Magazine].

Mércores 2 de novembro ás 21:30 no Pichel
O espía de negro
(The Spy in Black, Michael Powell, Reino Unido, 1939, 90′, VOSG)