Branco chapeiro

branco chapeiro

“Cando discutes as políticas dos teus filmes, canto te preocupas polas políticas de xénero e as políticas da sexualidade? A decisión de traballar case exclusivamente con homes homosexuais, por exemplo.

Bruce LaBruce: Logo da miña primeira longa… fora politicamente correcto en termos da miña representación da sexualidade. Foi en parte pola miña formación académica. Tiven un par de amigos que me desprogramaron. Dixéronme “estás limpando a túa imaxería. É políticamente correcta.” Así que comeceri a tentar tratar o xénero dunha maneira moito máis lixeira: en Super 8 ½, Richard Kern, o famoso fotógrafo, levaba unha peluca e estaba fodendo a unha muller cun consolador de correa, o que era en certa maneira un chiste privado porque a xente o considera un misóxino. Así que era un certo fode-cabezas.

Con Branco Chapeiro decidimos non ter ningunha muller na película, en parte como unha cousa expresionista dentro deste mundo fantástico de puteiros e chapeiros, que viven neste mundo utópico no que non teñen que tratar coas mulleres. Logo tamén tiven frecuentemente personaxes lesbianas como en Super 8 ½ e en Otto. Non fixen tanto cos transxénero como me gustaría, fixen unha serie de fotos cunha transexual pre-operación en Toronto, chamada Nina Arsenault. Non sei se viches as fotos, pero son bastante extremas porque ela me permitiu fotografar o seu pene, que ninguén fotografara antes. Xusto tiveran que retirarlle un dos seus implantes de peito porque houbera un problema, así que había unha cicatriz e só un gran peito, e estaba cuberta de sangue e levaba unha arma. Así que era un enfrontamento ao terrorismo de xénero. Estou totalmente a favor diso. En termos de política e o asunto gay, sempre tento seguir aquela tradición da vangarda gay que vai atrás a Warhol e Morrissey, Kenneth Anger, Jack Smith, Curt McDowell e John Waters (porque penso que é necesario e penso que é o que pon aparte aos homosexuais), ese tipo de experimentación e de celebración da diferenza. En termos de políticas máis sinxelas, o meu marido é cubano. Medrou en Cuba e non marchou ata ter trinta e poucos, así que se ir de min polo meu postureo político. Son unha especie de simpatizante marxista, e son anticapitalista e anticorporativo, o que veu da miña formación punk… medrei por debaixo do umbral de pobreza nunha pequena granxa, pero comparado co que sucedía en Cuba ou nun país do terceiro mundo, estaba vivindo unha vida incriblemente privilexiada. El viviu a revolución e viu como a revolución se amargou, así que é un bo contraste de realidade para min”.

[Extraído da entrevista a Bruce LaBruce en Fourthreefilm.com].

Mércores 22 de xuño ás 21:30 no Pichel
Branco chapeiro
(Hustler White, Bruce La Bruce, Rick Castro, EUA, 1996, 79′, VOSG)