Fíos fóra

Fíos fóra Illa Bufarda cinema galego

“Mentres Forbes dá a coñecer o patrimonio de Amancio Ortega situándoo como o home máis rico do mundo con 71.800 millóns de euros – unha cifra próxima ao PIB de Ecuador en 2014 (75.645 millóns de euros) e superior ao de Chipre (17.506 M.€) – a realidade das persoas que traballaron ou traballan para o imperio téxtil de Inditex é ben distinta. E non só. Outras transnacionais do sector partillan co grupo Zara a deslocación das manufacturas através de subcontratas nas que @s operari@s traballan durante horas en condicións ilegais. Arredor desta idea a ONG Amarante Setem e o proxecto audiovisual Illa Bufarda realizou o documentario Fíos fóra no que retratar “a evolución do sector téxtil na Galiza” e “a situación na que se atopa agora” marcada pola “deslocación”, sinalan en conversa con Semos Galiza as súas autoras, Sabela e Adriana (Illa Bufarda). Trátase dun proxecto enmarcado na campaña Roupa limpa (CleanClothesCampaing). Unha coligazón de ONGs, centrais sindicais, organización de consumidoras, de dereitos humanos,… presente en 16 países europeos que traballa en rede con 200 organizacións e sindicatos dos países produtores do sector téxtil para garantir que se respecten os dereitos fundamentais das traballadoras”.

Anaco da reportaxe “Fíos fóra, unha historia de costureiras e patróns” de Olalla Rodil para Sermos Galiza.

Mércores 13 de xaneiro ás 21:30 no Pichel
Fíos fóra 
(Illa Bufarda-Amarante Setem, Galiza, 2015, 90 minutos, VOG)
Proxección coorganizada coa Gentalha do Pichel, Illa Bufarda e Amarante Setem. Coa presenza das directoras do filme e das investigadoras Marta Negro e Paula Godinho.