O espía que sentou á porta

spook-who-sat-by-the-door-the-1973-man-threatened-with-gun-00o-ckd

“Na súa estrea masiva foi aclamada polo público polos seus descarados diálogos da rúa, a súa elegante fotografía e a xenial banda sonora. Para algúns críticos o filme resoaba co seu tempo, pero o público masivo, ignorante da guerra que estaba a librarse nas urbanizacións e guetos dos EUA, perdeuse a súa provocativa mensaxe. A diferencia dos posteriores filmes de Rambo, que alentaban o uso da violencia en respaldo da misión do Tío Sam no mundo, O Espía é unha chamada á acción agit-prop contra a brecha social.

(…)

O maior logro d’O espía que sentou á porta é como logra representar o espectro de roles sociais dentro da comunidade afroamericana. Este poderoso espello ofrécelle á audiencia a oportunidade de ir alén da circunstancia persoal e formar parte de accións colectivas que rompan coa división de clases. Un retrato vigoroso da linguaxe das políticas raciais, a súa complexidade e contradición inherentes dan no corazón da experiencia da América negra e animan ao espectador a transcender as clases e ter en consideración os problemas colectivos. Sen esta crítica consubstancial da complicidade individual coa propia opresión, O espía podería ser acusada de ser un demagóxico exercicio que alimenta o resentimento cego. Pero como lle di Freeman a un compañeiro membro da banda, «isto non trata de odiar aos brancos… Isto trata de amar o suficiente á liberdade como para loitar e morrer por ela».”

Fragmento tirado de David Somerset: “The Battle of Chicago: The Spook Who Sat by The Door” en Sight & Sound, maio 2012.

Mércores 25 de novembro ás 21:30 no Pichel
O espía que sentou á porta
(The Spook Who Sat by the Door, Ivan Dixon, EUA, 1973, 102′, VOSG)