Hollywood vermello

image

“Se ben pasou preto dun século desde que Hollywood emprendeu coa purga dos seus comunistas e os camaradas que os acompañaban no seu camiño, estudada xa por tres xeracións de historiadores, a Lista Negra aínda non pasou formar parte da historia. Sabemos o que sucedeu: se somos demasiado novos para recordármolo, podemos reensinármolo. E o sentido destes acontecementos, aos que se volve unha e outra vez de maneira obsesiva, debería ser sempre o suficientemente evidente: unha purga absurda, nefasta, provocada pola histeria anticomunista, onde entre as vítimas atopábanse auténticas celebridades e, en certos casos, xente prestixiosa e fascinante. Pero sabemos que tipo de xuízo soster sobre as vítimas? […]

Xa hai tempo que se desenvolveron estes acontecementos, pero o debate aínda está ben vivo. É un fragmento da Historia que fai pensar na primeira frase de Kindheitsmuster (Os patróns da infancia) de Christa Wolf: «O pasado non está morto: nin sequera está pasado». E na mesma novela que trata sobre o esquecemento e a memoria no pasado recente de Alemaña, algunhas liñas despois atopamos esta frase que podería figurar como epígrafe do presente estudo: «As dificultades aínda non comezaron». De todos os libros publicados ata hoxe sobre as audiencias de 1947 ante un Comité de Actividades Antiamericanas que investigaba a infiltración comunista na industria do cinema e as súas consecuencias, ningún semella chamado a converterse no estudo definitivo, ningún semella ter podido selo ou pretendelo, incluso no momento das súas publicacións.”
Tirado do limiar de Les Communistes de Hollywood, Noël Burch e Thom Andersen, París, Presses de la Sorbonne  Nouvelle, 1994.

Mércores 14 de outubro ás 21:30 no Pichel
Hollywood vermello
(Red Hollywood, Thom Andersen / Noël Burch, EUA, 1996, 118′, VOSG)