Aquí e noutro tempo

06-1200x800

“Bande despóxase de todo artificio cinematográfico, o seu filme está narrado con valor, sen dilacións nin subliñados, o seu tono é directo e sincero, a súa estrutura rochosa e contundente que non deixa tempo a despistes nin carreiros, móstranos o camiño e cóllenos da man nesta mirada profunda e reflexiva a un tempo de barbarie onde a tolemia fascista rematou con toda unha xeración e uns homes que se viron desprazados e asasinados por defender a libertade. O cineasta asturiano coida con delicadeza unha forma que se funde magníficamente co contido político do relato. Tanto unha como a outra desprázanse pola mesma vía, exercendo o equilibrio íntimo e perfecto que desprende todo o filme.”

(http://242peliculasdespues.com/2014/12/22/equi-y-notru-tiempu-de-ramon-lluis-bande/)

XULLO 2015
I ENCONTRO GALEGO DE NOV@S PENSADOR@S

Martes 7 de xullo ás 18:00 na Facultade de Filosofía
Obradoiro ‘Difusoras de pensamento en galego’
(Con Roberto Abuín, de Axouxere Editora; Roi Vidal, de Estaleiro Editora e Julio Vilariño, do Cineclube de Compostela; moderado por Fran Conde)

Martes 7 de xullo ás 19:45 na Facultade de Filosofía
Aquí e noutro tempo
(Equí y n’otru tiempu, Ramón Lluís Bande, Asturias, 2014, 71’, VOSG)