Inventario de posturas

us go home

Tout les garçons et les filles de leur âge (1993) foi unha serie televisiva francesa de nove capítulos onde nove directores selecionados debían por en escea os seus recordos musicais. Ao recibir a proposta, Denis decidiu crear unha peza, US Go Home, basada na influencia da música rock na xuventude francesa dos sesenta, algo que sen dúbida lle tocaba de preto, pero para facelo evitou a mera autobiografía e decidiu tomar como tema a relación entre dous irmáns (Grégoire Colin e Alice Houri), un elemento que lle interesaba estudar en profundidade, sobre todo a partir da súa anterior película, J’ai pas sommeil.

Polo seu carácter retrospectivo, US Go Home ten unha forma bastante diferente ao resto das súas obras, xa que para falar dese período a directora bota man dos códigos visuais que máis lle influenciaron durante esa etapa de súa vida: por un lado, a Nouvelle Vague (a ensamblaxe brusca da música, a denuncia antiimperialista) e, por outro, o cine do director xaponés Yasujiro Ozu (o retrato familiar e a vida tranquila no extrarradio).

Afastada por este encargo do seu discurso poscolonialista, Denis quita peso do guión. O argumento é mínimo: unhas mozas queren ir a unha festa, e a realizadora parece máis centrada, como expón o crítico Adrian Martin, en realizar “un inventario de posturas e actitudes xuveniles” que entronca directamente ca gran parte do cine francés da nova ola. Grazas a esa lixeireza da historia, a directora empeza a moverse aquí con maior soltura e unha das consecuencias é que permite que xurdan unha serie de instantes que nos seus anteriores traballos aparecían moi difuminados, momentos de gran verdade construidos arredor da música, que nada teñen que ver ca trama nin ca psicología dos personaxes e que revelan, nunha última estancia, a profunda humanidade destos”.

Fragmento de “Las ficiones de Claire Denis (1988- 2004)” de Sergio Morera na revista Transit: cine y otros desvíos.

Mércores 15 de abril ás 21:30 no Pichel
US Go Home
(US Go Home, Claire Denis, Francia, 1994, 58’, VOSG)