Ás agachadas

Hide and Seek

“O filme Hide and seek, da cineasta experimental americana Su Friedrich, podería ser descrito como un documental experimental sobre a descuberta adolescente da identidade lesbiana. Combina tres ordes de representación que se entretecen nun filme dunha hora en branco e negro: unha narrativa programada, dramática, sobre unha rapaza de doce anos chamada Lu, que loita coa súa identidade sexual no contexto das súas compañeiras de clase; entrevistas con lésbicas adultas, sobre todo ao redor dos seus recordos da infancia; e unha gama de metraxe atopada e tamén fotografías, incluíndo clips de Simba e filmes de educación sexual dos 60.

Como boa parte do traballo de Friedrich, Hide and seek dálle prioridade ao contido moito máis do que é habitual nos filmes experimentais en América. Traballa desde a idea de filme persoal, autobiográfico, mesmo, para articular a “identidade” como unha construción cultural, que, con todo, está inserida na propia experiencia. As técnicas experimentais despréganse como significados da expresión cultural, pero ao tempo, como significados que poñen en cuestión a representación.A representación da lésbica e a articulación dunha ollada lésbica adoita ser minimizada no traballo de Friedrich, a diferenza da maioría dos e das cineastas identificadas co “queer cinema”, mesmo adoita ser incidental e ignorada por varios críticos. En Hide and seek, ella aprópiase da ollada disciplinar para os seus propios propósitos, para explorar as distintas formas de ver as lésbicas e representar as formas de ver como lésbica”.

Fragmento de “Hide and Seek: Looking for Lesbians”, de Catherine Russell en Experimental Ethnography: The Work of Film in the Age of Video, Duke University Press, 1999.

Mércores 8 de abril ás 21:30 h no Pichel
A historia da menstruación
(The story of menstruation, Walt Disney, EUA, 1946, 10′, VOSG)
Ás agachadas
(Hide and Seek, Su Friedrich, EUA, 1996, 63’, VOSG)