Cidade morta

Ciutat Morta

“Queremos romper barreiras. Cando dis que a Policía deste país tortura, estás atacando aos cementos das crenzas sociais, xa que sempre se nos inculcou a visión dunha institución que debería defender os dereitos dos cidadáns. Por iso, o primeiro que pode provocar o documental é rexeitamento. Antes do vídeo que se colgou en Youtube a principios do 2009, onde se vía a nove axentes cambiándose de roupa nun parking de Barcelona, a xente negaba que houbese infiltrados nas manifestacións. Agora xa se cuestiona máis. Tamén a idea do cine político en España, que está aumentando, prodúcese como consecuencia da crise e invírtense as miradas. É dicir, xa non é unha mirada cara fóra, a Occidente, senón unha mirada cara dentro, para cuestionar que está pasando aquí”.

(Fragmento tirado de Cine Divergente)

Mércores 28 de xaneiro ás 21:30 no Pichel
Cidade morta
(Ciutat morta, Xavier Artigas / Xapo Ortega, Cataluña, 2014, 120′, VO)
Coa presenza de Xavier Artigas

Xoves 29 de xaneiro ás 21:30 no CSOA Escárnio e Maldizer
Cidade morta
(Ciutat morta, Xavier Artigas / Xapo Ortega, Cataluña, 2014, 120′, VO)
Coa presenza de Xavier Artigas