Un tremor leve

“En A marcha de Sherman, filmo a Karen, unha vella amiga, que, evidentemente, sabe que a estou a filmar. Karen compórtase dun xeito levemente diferente ao habitual. Se cadra se incorpore máis sobre a cadeira, ou pase a man polo cabelo con certo nerviosismo porque está a ser filmada. Ese embarazo leve, esa vulnerabilidade, é o que nos mete no filme. A consciencia do cineasta dunha situación embarazosa -as vacilacións que percibimos na voz en off, o movemento da imaxe cando se confronta con esta cuestión: como ser un ser humano cando se manteñen en equilibrio sobre o ombreiro sete quilos de material-, tamén forman parte da ecuación. Ese embarazo axuda a erguer o toldo da tenda -a da realidade- para permitir o espectador entrar no filme, ocupar o espazo da acción. Cando presenciamos filmes autenticamente rodados na “vida verdadeira”, aparece sempre nelos un tremor leve, un suspense.”

(Ross McElwee, “Trouver sa voix”, Trafic, 1995. Podedes ler a tradución ao castelán en Blogs & Docs)

Mércores 15 de maio, ás 21.30h no Pichel
A marcha de Sherman
(Sherman’s March, Ross McElwee, EUA, 1986, 157′, VOSG)