O diario

“Cando se estreou, en outubro de 1972, Reminiscencias dunha viaxe a Lituania de Mekas, a prensa convencional, como era de agardar, non deu entendido o filme porque o xulgaba polos estándares dun produto de Hollywood, mais do que como un traballo de vangarda. […] A miña leitura, aos 21 anos, era que o filme erá só fallido se se xulgaba polos estándares da crítica de Hollywood, debido á cámara errática e nerviosa, as imaxes sobre e subexpostas e á rápida montaxe. Estimeina acertada como unha obra de arte conscientemente construída. […] Un par de anos pasarían antes de que ninguén entendera o significado do que Mekas estaba a facer, en relación co que despois se daría en chamar “diario filmado”. É certo, xa estreara os seu diario filmado temperán Diarios, Cadernos e Bocexos (1969), pero non coido que nin o propio Mekas entendera que entaba creando unha nova forma filmica, que lle aseguraría finalmente un lugar na historia do cinema como realizador, e non só como crítico, polemista, exhibidor e arquiveiro da vangarda.”

(HORAK, Jan-Cristopher: “Rereading Mekas: Avant-garde Film and Audience Subjectivity”. Podedes ler o texto completo en inglés aquí)

Mércores 8 de maio, ás 21.30h no Pichel
Reminiscencias dunha viaxe a Lituania
(Reminiscences of a Journey to Lithuania, Jonas Mekas, Reino Unido/RFA, 1972, 88′, VOSG)