O insólito

“Non é o fantástico o que me atrae, senón o insólito. O fantástico reside na forma, é unha construción. En troques, o insólito está nas situacións. O insólito non se crea, revélase.

Que é o insólito? Non teño resposta. A única que teño é esa que define de cotío o insólito como pertencente ao que non é habitual. Sei, porén, que o insólito se albisca, dándolle á imaxe emotiva unha significación que se experimenta pero na que o sentido non se comprende de todo. É o descoñecido, o baleiro encantado, a inacción. E provoca emoción e desacougo.”

(Fragmento da entrevista radiofónica que lle fixo Serge Daney a Georges Franju con motivo da reestrea do filme, en 1986. Podedes escoitar algúns fragmentos da mesma aquí e aquí.)

Mércores 13 de febreiro, ás 21.30h no Pichel
Os ollos sen rostro
(Les yeux sans visage, Georges Franju, Francia-Italia 1960, 88’, VOSG)