A necesidade dun novo fogar

Son un rexionalista, iso é o que son. Pertenzo sempre a algunha parte. Déixaseme caer en calquera lugar, nun lugar de pedra, seco, apagado, sen vida, onde ninguén quixera vivir –eu comezo a vivir, absorbendo todo, coma unha esponxa–. Non existe para min o internacionalismo abstracto. Tampouco conto co futuro: estou aquí e agora. Deberase isto ao feito de ter sido arrincado pola forza do meu fogar? É esa a razón pola que sempre sinto a necesidade dun novo fogar, porque non pertenzo en realidade a ningún lugar, agás a ese, a ese lugar que foi a miña infancia e que marchou para sempre?

Jonas Mekas, Diario de cine: el nacimiento del nuevo cine americano, Madrid: Fundamentos, 1975 (p. 9)

Mércores 11 de xaneiro ás 21.30 no Pichel
Unha carta de Greenpoint
(A letter from Greenpoint, Jonas Mekas, EUA, 2005, 80′, VOSE)
Presentada por Alberte Pagán