Están a desaloxar a Sala Yago!

Apoiamos dende xa a convocatoria de concentración, acudide e difundide!
Por outra banda, tiñamos programada a proxección d’O vídeo de Benny, de Michael Haneke, dentro do ciclo “As desagradecidas”, na sala Yago hoxe ás 22.00. Perante o novo secuestro da sala por parte das forzas de orde público, non é posible. A Sala estanos sendo roubada a tod@s. A proxección queda cancelada.
Chamamos á concentración que terá lugar ás 20.30 na Praza 8 de marzo en apoio á Sala Yago.
Un desaloxo, outra ocupación!