Estrañamente militante

«Estrañamente militante», ao dicir do propio Jordá, esta película bastarda, re-escrita vintecinco anos logo, estende feridas aínda no relato modélico da transición. Envorca amais o tránsito colectivo de certa Europa cara a «unha forza de traballo escolarizada, precaria, móbil, que odia a ‘ética do traballo’, que se contrapón frontalmente á tradición e á cultura da esquerda histórica e sinala unha clara discontinuidade respecto do obreiro da liña de montaxe» (Virno, Paolo. “Do you remember counterrevolution?” en Contrapoder 4/5, 2001). Porque Númax, por certo, apenas consiste na ocupación de Númax, coma na desocupación da engranaxe fordista. Tampouco a autoría larga e descentrada do realizador catalán proseguirá indemne a tal éxodo. Do que nos ha informar en adiante o seu celuloide de contrabando —nomeadamente Monos coma Becky e De nens— é dunha dominación instalada nun tempo e espazo abertos, dos ruídos da vida, de intemperies do político.

(Aurelio Castro en “Tomar a palabra en Númax”, recollido no pasquín Para que nos devolvan o roubado, editado polo Cineclube de Compostela como apoio ao ciclo do mesmo nome)

Luns 18 de xullo ás 22:00 na Praza da Oliveira
Númax presenta…
(Númax presenta…, Joaquim Jordà, 1980, Països Catalans, 115′, VO)