Para que nos devolvan o roubado

Durante o mes de xullo, e en colaboración con Adiante, o Cineclube de Compostela organiza un ciclo de cinema na praza da Oliveira, con cinco filmes e un concerto agrupados co título “Para que nos devolvan o roubado”. O título representa, por unha banda, o nexo temático dos filmes: a ocupación e toma de poder obreira das fábricas e, por outra, unha referencia ao propio formato do ciclo: a reapropiación dunha praza pública para cine, debate e música.

Martes 12 de xullo ás 22:00 na Praza da Oliveira
Deica logo, espero
(À bientôt j’espère, Chris Marker / Mario Marret, 1968, Francia, 55′, VOSG)

Mércores 13 de xullo ás 22:00 na Praza da Oliveira
Unha pola outra
(Coup pour coup, Marin Karmitz, 1972, Francia, 89′, VOSP)

Xoves 14 de xullo ás 22:00 na Praza da Oliveira
Todo vai ben
(Tout va bien, Jean-Luc Godard / Jean-Pierre Gorin, 1972, Francia, 95′, VOSP)

Luns 18 de xullo ás 22:00 na Praza da Oliveira
Númax presenta…
(Númax presenta…, Joaquim Jordà, 1980, Països Catalans, 115′, VO)

Martes 19 de xullo ás 22:00 na Praza da Oliveira
Fasinpat (Fábrica sen patrón)
(Fasinpat (Fábrica sin patrón), Danièle Incalcaterra, 2004, Arxentina, 67′, VO)

Xoves 21 de xullo ás 22:00 na Praza da Oliveira
Concerto peche de ciclo con Das Kapital

(máis información no blog do ciclo)