A vida doméstica

“Numéro deux describe a vida doméstica de tres xeracións dunha familia proletaria nun complexo de vivendas sociais. Polo xeral, cando vemos xente da clase traballadora nun filme, estes son dalgún xeito excepcionais. Gañan a lotería, loitan pola revolución ou casan con alguén rico, e facendo isto gáñanse o noso interese. Mais en Numéro deux Godard concéntrase inexorablemente no común. Mostra unha esposa a masturbarse, o seu home pintando unha cadeira, a familia mirando o televisor. O resultado non é un minimalismo de cinema vérité, senón unha explosión de significado. Godard permítenos ver que até as máis cotiás actividades domésticas e funcións corporais son semánticamente densas.”

(Harun Farocki, na conversa con Kaja Silverman que recolle Speaking about Godard, New York University Press, 1998. Aquí podedes ler o artigo dedicado a Numéro deux traducido ao castelán)

Mércores 22 de xuño, ás 21.30 no Pichel
Número dous
(Numéro deux, Jean-Luc Godard, Francia, 1975, 88′, VOSE)