Bachfilm

“O punto de partida da nosa Crónica de Anna Magdalena Bach era a idea de tentarmos facer un filme no que se empregara a música, non coma acompañamento, nin tampouco coma comentario, senón coma materia estética. Eu non tiña ningún verdadeiro referente. Tan só, se cadra, o que Bresson fixo en Journal d’un curé de campagne cun texto literario. Poderíase dicir, concretamente, que queriamos levar música ao ecrán, amosar por unha vez música á xente que vai ao cine. Paralelamente a este aspecto, estaban as ganas de amosar unha historia de amor como non se coñece outra. Unha muller fala do seu home, ao que amou, deica a súa morte. Aí está, de primeiras, a historia. Unha muller está aí e non pode facer máis nada que permanecer aí polo home que ama, lle aconteza o que lle aconteza a el e sexan cáles sexan as súas dificultades. Fala dos fillos que tiveron -tiveron trece fillos xuntos-, explica que foi deles, cantos morreron, etc. Daquela, trátase primeiro da historia desta muller; aínda que logo o seu relato fixa tamén un punto exterior. Non se pode escribir ningunha biografía, ningunha cinemato-biografía, sen ter un punto exterior; e este punto exterior é a conciencia de Anna Magdalena.”

(extracto de “El Bachfilm“, Danièle Huillet, en Jean-Marie Straub y Danièle Huillet: Escritos, Intermedio, 2011)

Mércores 8 de xuño ás 21.30 no Pichel
Crónica de Anna Magdalena Bach
(Chronik der Anna Magdalena Bach, Danièle Huillet / Jean-Marie Straub, RFA / Italia, 1968, 94′, VOSE)