Último Marker

“Marker caracterizouse sempre pola rápida adopción de novas formas audiovisuais, tanto para a realización como para a difusión da súa obra. Na actualidade, a maioría de novos traballos do cineasta francés pasan a dominio público mediante a súa canle de vídeos de YouTube e os avisos que fai no seu blog. Recentemente apareceu na rede o anuncio da apertura da páxina web www.gorgomancy.net desde un twitter xaponés; sen creador aparente, a única pista que se nos ofrece sobre a autoría da páxina é a presenza de Guillaume-en-Egypt, eterno álter ego do realizador. Neste caso, ás xa coñecidas constantes na obra do realizador, como poden ser a obsesión coa cultura nipoa e o uso de distintos sosias, súmaselle a utilización de novos medios de masas, neste caso as redes sociais.”

(Julio Vilariño Cabezas, “Chris Marker: Contra a amnesia dixital“, texto que se vai repartir este mércores na sesión do Cineclube e que podedes ler tamén n’A Cuarta Parede)

Mércores 18 de Maio ás 21.30 no Pichel
Cadros dunha exposición
(Pictures at an Exhibition, Chris Marker, 2008, 9’, VO)
Escala en Dubai
(Stopover in Dubai, Chris Marker, 2010, 26’, VOSG)
Sementes de decembro
(December Seeds, Chris Marker, 2009, 29’, VOSG)