O río é noso

Inauguramos a sección Vídeos do noso blog coa recuperación dunha peza moi querida polo Cineclube: O río é noso.

Contra o ano 2004, a Xunta de Fraga tiña moi avanzado o proxecto de chantar nos ríos galegos unha serie de minicentrais eléctricas que habían estragar os ecosistemas fluviais e os modos de vida dependentes deles. Moitos deses proxectos foron adiante. Este breve documentario, feito de urxencia, céntrase nas protestas e mobilizacións que atravesaron a Ulloa para paralizar a construción do encoro de Frádegas, na cunca alta do río Ulla.

Aproveitaremos esta sección para ir subindo algún outro vídeo no que colaborou o Cineclube de Compostela, así como outras pezas que aínda non se poden ver na rede. Podedes consultar as actualizacións dende este blog ou accedendo ao noso canal de Vimeo.

Viva a República!