A sangue frío

“Prezado Director Hoover,

sei da extrema impopularidade dos Black Panthers, e do perigo político que pode supoñer a simple sospeita de apoialos, pero existen indicios alarmantes de que a policía de Chicago matou Fred Hampton a sangue frío, co pretexto de procuraren armas ilegais.

Cando consideramos con… [texto agochado] …a necesidade dunha investigación imparcial e independente é crucial.

Non o podemos tolerar nin mirar para outro lado mentres as autoridades debidamente constituídas empregan medios ilegais para acadaren os seus obxectivos, controlando (ou eliminando) un grupo impopular.

Se Hampton foi realmente asasinado na súa cama, os asasinos deben ser levados perante a xustiza, con máis razón se son policías.

Qué pensa facer o seu departamento?

Seu,

[texto agochado]”

(Carta dun remitente descoñecido ao director do FBI, o 11 de decembro de 1969, a respecto do asasinato de Fred Hampton. Tirado dos informes desclasificados do FBI sobre o caso, parte primeira, páxina 90)

Mércores 23 de Marzo ás 21:30 no Pichel
O asasinato de Fred Hampton
(The Murder of Fred Hampton, Howard Alk, EUA, 1971, 88′, VOSG)