We gotta free Huey!

“Pascal Thomas conségueme unha cita con Huey Newton na cadea. Eu viña de Los Angeles sempre que había unha manifestación ou unha marcha. Dicía “French Television”, sorría, e circulaba libremente entre os negros que estaban a se adestrar. Filmei cunha cámara de 16 mm emprestada por activistas da Universidade de Berkeley. Os líderes daban discursos: Bobby Seale, Eldridge Cleaver… As mulleres tamén expresaban o seu desexo de acción, de tomar decisións… e o seu orgullo por seren negras. Os cativos buligaban coa música: “We gotta free Huey! We gotta free Huey!”. Penso que esta curtametraxe é testemuña dun momento moi específico e curto da axitada historia dos negros americanos.”

(Agnès Varda)

Mércores 2 de Marzo ás 21:30 no Pichel
Primeiro de maio
(Mayday, San Francisco Newsreel, EUA, 1969, 13′, VOSG)
Panteras negras
(Black Panthers, Agnès Varda, Francia, 1968, 31′, VOSE)
Presentación de Xoán R. Sampedro

(Tamén podedes descargar aquí as follas do Cineclube deste mes)