O contraplano do contraplano

“Material é, antes de nada, unha compilación, nada azarosa, de materiais desbotados, acumulados durante anos en almacéns, caixas ou caixóns; materiais sobrantes de rodaxes pasadas, imaxes que no seu momento se consideraron inútiles, e que hoxe, co paso do tiempo e a substitución da memoria pola versión oficial da historia, cobran un sentido novo, adquiren un peso e un grosor inimaxinábeis daquela. Material recompila durante case tres horas escenas de pelexas de rúa, debates políticos, ensaios teatrais e brotes neonazis, que reflicten, de xeito lateral ou elíptico, o proceso de caída do Muro de Berlín dende unha perspectiva inédita, cando menos a ollos dos espectadores occidentais: Material é o contraplano da caída do Muro dende a agora extinta RDA. Mais, ao tempo, é o contraplano do contraplano: as imaxes que Heise nos presenta son aquelas que nunca antes tiñamos visto, e que contradín a versión oficial das imaxes que si coñecemos. En Material non hai alemáns desexosos de “liberdade” capitalista, non hai ansia de centros comerciais, non hai moreas de xentes abalanzándose sobre o muro, para o derrubar, e guindarse aos brazos da “verdadeira” democracia comercial, senón, antes, máis ben, hai debates políticos, hai centos e centos de cidadáns a debater en público outro socialismo posíbel, que non pase pola entrega sen condicións das “armas” ideolóxicas ao capitalismo. Material é, ademais, o contraplano do propio muro, como un muro que se enfronta a outro muro, moitos anos máis tarde: porque o famoso Muro de Berlín, protagonista e detonante na sombra do filme, non aparece en ningún dos seus fotogramas.”

(fragmento dun texto de Gonzalo de Pedro sobre Material, de Thomas Heise, publicado orixinalmente en Blogs & Docs. Podedes ler o artigo completo aquí).

Mércores 22 de decembro ás 21.30 no Pichel
Material
(Thomas Heise, Alemaña, 2009, 166′, VOSG)