Implicar politicamente as imaxes

“A nosa realidade xa está constituída por imaxes. Así que a pregunta é: como implicar politicamente as imaxes? Podemos pensar en imaxes lidando, no canto de en imaxes de persoas que loitan? Porque do outro xeito permanecemos recluídos nesta caste de dicotomía segundo a cal habería políticas e corpos reais, e xustamente imaxes, aparencias ou espectáculo. E non creo que iso sexa demasiado produtivo. As imaxes, os corpos e as loitas comparten unha mesma dinámica.”

(Hito Steyerl, na entrevista de Aurelio Castro que se reparte hoxe na sesión do Cineclube e que podedes descargar en pdf aquí)

Mércores 1 de decembro ás 21.30 no Pichel
O centro baleiro
(The Empty Center, Hito Steyerl, Alemaña, 1998, 62′, VOSG)
Presentada por X. Manuel Outeiriño