Entre a revolta social e a rebelión existencial

“Este implacábel filme [Son un fuxitivo] bota man de certa estilización documental e posta en escena realista que aumentan a sensación de autenticidade. Sen protección algunha, a película baila no gume da revolta social e a rebelión existencial, non só contra o inxusto sistema socioeconómico, as crueis institucións sociais e políticas e as intolerantes figuras da autoridade, senón, finalmente, contra as condicións de vida de moitas persoas convertidas en dóciles e obedientes seres reducidos á máis baixa forma de existencia exiliada – que atopa o seu epítome no estatus do home negro americano.”

(Mithani, Sam. “O capitalismo como aliado das formas ‘naturalizadas’ do fascismo”. Texto repartido na proxección de Son un fuxitivo no Cineclube o 20 de Outubro, que podedes descargar aquí)