Compartir non é delito

“[Rip: A Remix Manifesto] converteuse máis nunha historia de quen pode participar na cultura, unha vez que o copyright perdeu o sentido. En realidade, canto máis me achegaba ao cerne da historia, viraba máis atemporal. Trataba menos sobre tecnoloxía e máis sobre cultura.”

(Brett Gaylor, na entrevista con Amoeblog, que podedes ler completa en inglés aquí)

Xoves 21 de outubro ás 20:30 no Pichel
Rip: A Remix Manifesto
(Brett Gaylor, 2009, Canadá, 84′, VOSP)
Mesa redonda con José Ramom Pichel (imaxin|software), O Leo (Komunikando.net) e Julio Vilariño Cabezas (Cineclube de Compostela)