Un filme contra o fascismo americano

“Aínda que se trate dun filme rotundo contra a degradación do ser humano nas cadeas, Son un fuxitivo procura unha conciencia pública que active a protesta contra o fascismo recalcitrante no contexto americano. Nunha perspectiva de esquerdas, o Sur representado no filme funciona como metáfora da vella, tradicional e descoñecida América, urxentemente necesitada de reformas –un pebideiro fascista de violencia, racismo, clasismo e explotación, todo ao servizo das elites privilexiadas para salvagardar o seu dominio encol das masas a través do control das institucións represivas.”

(MITHANI, Sam. The Hollywood Left: Cinematic Art and Activism in the 1930s. Podedes ler o orixinal completo en inglés aquí)

Mércores 20 de outubro ás 21:30

Son un fuxitivo
(I Am a Fugitive from a Chain Gang, Mervyn LeRoy, EUA, 93’, 1933, VOSG)