O campo para o home

O campo para o home [é] unha obra ambiciosa que afonda nos defectos estruturais da propiedade da terra no Estado español, tomando como exemplo dúas realidades extremas: o minifundio galego e o latifundio andaluz. Neste novo filme van ser as declaracións dos propios agricultores as que posicionen a obra ideoloxicamente, sen necesidade dunha voz en off que dirixa a narración. Deste xeito, para alén de situar o campesiño como suxeito enunciador da historia, coñecemos de primeira man as míseras condicións de vida dun sector produtivo que nunca se beneficiou das reformas progresistas da burguesía e viu tronzada a esperanza dunha Reforma Agraria na Segunda República logo da vitoria do bando nacional.”

G. VIÑAS, Xan: “Helena Lumbreras e o Colectivo de Clase. O cinematógrafo clandestino”, publicado no caderno repartido en Arzúa na xornada ‘O campo hoxe’, que podedes descargar en pdf aquí)