A primeira rodaxe clandestina

“En 1935 o famoso realizador holandés Joris Ivens estreou un documental mudo chamado Borinage. O seu documental considérase a primeira peza de cine militante e narra sen palabras a vida dos mineiros belgas da mina do Borinage, declarados en folga en 1932 e duramente reprimidos pola policía. Para realizar o documental, Ivens contou coa axuda dos mineiros, cuxo dereito a reunión estaba suspendido e tiñan que esconderse de casa en casa. Os negativos da película eran enviados cada dous días a Bruxelas para evitar a confiscación por parte da policía, e os mineiros cooperaron en gran mesura, axudando e escondendo aos realizadores e mesmo tomando eles mesmos a cámara para filmar escenas da súa vida cotiá.”

(de Pateando Piedras)

Mércores 6 de outubro ás 21:30
Miseria en Borinage
(Misère au Borinage, Joris Ivens / Henri Storck, Bélxica, 36’, 1933, VOSG)
Kuhle Wampe ou: A quen pertence o mundo?
(Kuhle Wampe oder: Wem gehört die Welt?, Slatan Dudow, Alemaña, 71’, 1932, VOSG)