‘A paixon de Xoana de Arco’ hoxe

“Vermos hoxe La passion de Jeanne d’Arc ponnos diante dun tribunal medieval, e fainos pensar no pouco que mudou a posta en escena dos xuízos desde hai case seiscentos anos. Dános a ver como a maneira de tratar coas leis non implica necesariamente que se faga xustiza con elas”

(Ramiro Ledo Cordeiro: “Facer filmes contra o seu tempo”, in Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural. Santiago de Compostela: Cineclube de Compostela, 2010, p. 168)

Xoves 24 de xuño ás 21:30 [Atención á mudanza de día]
O proceso de Artaud
(Ramiro Ledo, Galiza, 2010, 13′, VO)
Presentado polo director do filme

Coa proxección tamén de:
Montaxe en catro movementos: 1. O mercado do trigo
(Montaggio in quattro movimenti: 1. A Corner In Wheat, Danièle Huillet e Jean-Marie Straub, Italia, 1985 / D. W. Griffith, EUA, 1909, 14′)
A rodaxe de ‘Sala 10’
(Le tournage de ’10e Chambre’, Raymond Depardon, 2004, 14′)