Cara a cara

“En Por un dos meus ollos, o Mograbi filmado por Mograbi non é exactamente o mesmo. Cando fala por teléfono (máis unha vez) verbo do filme que está a facer, é nun plano máis amplo e ten un só interlocutor (que comprendemos que é un palestino). Voz sen rostro, que di cunha fría insistencia que a morte vale máis que unha vida de humillacións. Mograbi escoita sen protestar esta voz exterior que devén diálogo consigo propio. O contraste é grande fronte á violencia que o atravesa en cada confrontación cos soldados israelís filmados a pesar seu. Nestes cara a cara feroces, o mundo filmado por Mograbi parece contodo facerse coherente, é dicir, dividido: as barreiras normais retoman o seu lugar, cada un na súa burbulla máis ou menos blindada, non ao abeiro do outro senón ao abeiro da ameaza que cre que representa o outro”.

(Jean-Louis Comolli, “Después, antes de la explosión: El cine de Avi Mograbi”, Cahiers du Cinéma. Podedes ler o artigo completo en español aquí)

Mércores 9 de xuño ás 21:30
Por un só dos meus ollos
(נקם אחת משתי עיני [Nekam Achat Mishtey Eynay], Avi Mograbi, Francia / Israel, 2005, 100′, VOSG)