A fábrica no cinema

“A primeira cámara da historia do cinema apuntou a unha fábrica, mais un século despois, pódese dicir que o filme casa mal coa fábrica e que mais ben é rexeitado por ela. Os filmes sobre o traballo ou sobre os traballadores non son un xénero principal, e o espazo fronte da fábrica quedou á marxe. A meirande parte dos filmes narrativos teñen lugar aí onde o traballo quedou atrás. Todo o que fai que a forma industrial de produción sexa superior ás outras (a división do traballo en etapas curtas, a repetición constante, o grao de organización que esixe poucas decisións dos individuos e que lles deixa pouca marxe de manobra), todo iso fai difícil demostrar mudanzas nas circunstancias. Ao longo do século pasado, practicamente ningunha das comunicacións que tiveron lugar nas fábricas, sexa a través de palabras, miradas ou xestos, foi gravado en película.”

(Harun Farocki, escribindo sobre Traballadores saíndo da fábrica en Senses of Cinema. Podedes ler o artigo completo en inglés aquí)

Mércores 19 de maio ás 21:30 [Atención ás mudanzas de filmes]
Traballadores saíndo da fábrica
(Arbeiter verlassen die Fabrik, Harun Farocki, Alemaña, 1995, 36′, VOSP)
Fábrica
(Fabrika, Sergei Loznitsa, Rusia, 2004, 30′, VO)