A verdade que xa coñecemos

“Fago filmes documentais (por oposición aos filmes de ficción) non porque crea que están máis próximos á realidade, senón porque estou convencido de que, coa forma reinventada dun filme de non-ficción, existe a posibilidade de de crear algo dun valor moi grande – unha especie de cinema das ideas, que pode afectar ao público dun xeito que ningún filme de entretemento ao estilo da escena de Hollywood podería. Fago filmes documentais porque creo nun cinema que serve para revelar, celebrar e iluminar a condición do espírito humano e non para o banalizar ou facelo de menos. Non o fago para proporcionar información á xente, fágoo para tocar as persoas, provocalas e sorprendelas; para facer que a verdade que xa coñecemos sexa máis real para nós.”

(Dennis O’Rourke, On the Making of Cannibal Tours. Podedes ler o texto completo en inglés aquí)

Mércores 3 de marzo ás 21:30
Cannibal Tours
(Cannibal Tours, Dennis O’Rourke, Australia, 1988, 70′, VOSG)
Chanzos
(Steps, Zbigniew Rybczynski, EUA, 1987, 25′, VOSG)