Contra todo o que se note

pialat

“No cinema, estou en contra de todo o que se nota. O público está cada vez máis enterado dos aspectos técnicos do cinema, mais polo xeral non sabe exactamente que é o que acontece, nota algo que renxe no visionado do filme. Antes, gustaba moito dos directores que realizaban unha posta en escena moi evidente; de feito, ás veces conseguen cousas moi fermosas, como no caso de Hitchcock, mais non todo o mundo é Hitchcock, e na maioría dos casos resulta penoso.”

(Maurice Pialat, na entrevista que Miguel Marías e Felipe Vega lle realizaron na revista Casablanca e que podedes ler, por cortesía de José Manuel Sande, aquí)