Outro tipo de fondura

“Novas da casa […] é un filme de ensaio que crece nun propio, e tes esa ligazón de paralelismo coas cartas da nai. E unha carta non o daría feito. Un plano non o daría feito. Precisase ese sentido da acumulación. Hai tipos moi distintos de tomas longas. Está aquela da que fala Bazin, que inclúe moitos planos de acción distintos. E acho que Tarkovsky fai o mesmo co movemento da cámara ou deixando que a acción se forme en capas. Isto é moi distinto do que fai Akerman. Sen falarmos da sensibilidade estética no fondo, que é completamente distinta. Porque, para min, Tarkovsky gusta do mistero, e ela non gusta diso. Akerman non é alguén que se vaia alimentar do misterio ou a relixión. Así que non é algo plano o que quere, mais tampouco é ese tipo de profundidade que asociaría coa relixión e Tarkovsky.”

(Ivone Margulies. Podedes ler a entrevista completa en inglés aquí)

Mércores 28 de Xaneiro ás 22:00:
Novas da casa
(News from Home, Chantal Akerman, Franza/Bélxica/RFA, 1977, 85′, VOSG)
Solpor en Shanghai
(Tombée de nuit sur Shanghai [*fragmento do filme colectivo O estado do mundo], Chantal Akerman, Portugal, 2007, VO sen diálogos)