O pracer de escribir textos

“Miriam Rossen: Os textos están por todas partes nos teus filmes. Isto remóntase a Eu-ti-el-ela, co texto que escribes no cuarto mentres comes azucre.

Chantal Akerman: Si, porque Eu-ti-el-ela era no comezo un conto.

MR: Pensabas publicalo?

CA: Non, era para min. E despois, quixen facer un filme, mais estaba escrito como un conto, non como un guión. As citas de Anna [1978] tamén foi escrita como un texto, non como un guión. E Noite e día [1991] foi un conto ao principio. Depois, desenvolvino como guión.

Agora é máis difícil conseguir cartos. Estou obrigada a escribir guións porque se non, non me dan diñeiro. Se non, dinme que é literario, teatral, o que for, menos cinema. O que é mau porque escribir un guión -“Verán, un cuartiño á noite”- non ofrece o mesmo pracer. Escribes descricións o mais sucintas posíbeis e logo diálogo e xa está. Antes, cando escribía textos, polo menos tiña o pracer de escribir un texto.”

(da entrevista de Miriam Rossen a Chantal Akerman para ArtForum. Podedes lela completa en inglés aquí)

Mércores 14 de Xaneiro ás 22:00:
Eu-ti-el-ela
(Je-tu-il-elle, Chantal Akerman, Franza/Bélxica, 1974, 86′, VOSG)
Estoura a miña vila
(Saute ma ville, Chantal Akerman, Bélxica, 1968, 11′)