Fotografía e cinema

“Porque escollín a fotografía? É o seu lado máxico o que me fascinou sempre. Que se poida, ao premer un botón, deter o tempo, eterno inimigo do home, angustia perpetua, ter por fin o tempo á nosa mercé… Era un pequeno anaco de eternidade, daquela! Na loita entre o ser humano e o tempo, o ser humano tiña por fin unha pequena vitoria.”

(Denise Bellon)

“Cando era fotógrafa, nunca pensei en facer cinema. E cando me fixen cineasta, deixei de quitar fotos, sen deixar de pensar na fotografía. Acho que as fotos chaman ao comentario ou á análise do ollar, ou do rexeitamento, etc. A foto non existe mais para quen a mira. Mesmo as fotos máis cargadas de sentido non son senón unha representación do suxeito. O filme, pola súa banda, é a presentación en continuo, no tempo da visión, dun proxecto do autor e o realizador. Un filme está feito de imaxes, mais tamén de diálogos, de música, de información e de  reviravoltas. O espectador vese conducido por esta proposta continua. E non é senón depois da visión que hai reflexión, comprensión ou non, e comentario, etc. Esta diferencia levoume a facer filmes “en vez de” fotografías.”

(Agnès Varda)

Mércores 12 de Novembro ás 22:00:
Saúde aos cubanos
(Salut les cubains, Agnès Varda, Franza / Cuba, 1963, VOSG, 30′)
O recordo dun porvir
(Le souvenir d’un avenir, Chris Marker / Yannick Bellon, Franza, 2001, VOSE, 42′)