Un filme da xanela

“Calade! (Tishe! 2002) naceu por acaso. Encontrábame na fase de preparación doutro proxecto na Alemaña e estiven un ano enteiro agardando polos fondos precisos para o facer. Cada dous meses, regresaba para a miña casa en San Petersburgo, para descansar tres ou catro días. Comecei filmar a través da xanela do meu cuarto sen a intención de facer un filme. Rodaba porque si. Porque me producía pracer. Repetín estes regresos a casa arredor de seis veces no ano. E cada vez que volvía tiña a oportunidade de filmar algo fermoso ou estraño. Un ano despois, seguía sen recibir o diñeiro preciso para realizar o filme na Alemaña, mais xa tiña dez horas de material rodado a través da miña xanela. E ao final rematei por facer un filme da miña propia xanela.”

(Viktor Kosakovsky, Autobiografía. Podedes ler o texto completo en español en Blogs&Docs)

Mércores 22 de Outubro ás 22:00:
Calade!
(Тише! [Tishe!], Viktor Kosakovsky Rusia, 2002, 82’, VO sen diálogos)