Imaxes exhumadas

Do polo ao ecuador (Dal polo all’equatore, Yervant Gianikian / Angela Ricci-Lucchi, RFA / Italia, 1987, 96′)

“Do polo até o ecuador, en efecto, percórrese un espazo xeográfico, do norte ao sur, mais tamén unha estratificación temporal complexa que, enfiando un conxunto de feitos históricos (datas, lugares, procedencia das imaxe), colócanos diante dunha historia do noso tempo que se nos permite rever, imaxinar de novo, “volvela posíbel outra vez”. Partidas de caza no Artico e en África, desfiles de negros con traxes ridículos, paradas militares nas colonias, catequización de mozos africanos, escenas da primeira guerra mundial, etc. O ralentizado confire un engadido espectral ás imaxes (vólvese a experiencia de Gorki no cinema): fai aparecer a posta en escena do real para a cámara, mais tamén o que lle escapa, o “flow of life” de que falaba Kracauer, que a ampliación ou a detención da imaxe revela aínda mellor: estas imaxes exhumadas dan testemuño e viran obra de resistencia”

(André Habib, “Du found footage en général, et des films de Angela Ricci-Lucci et Yervant Gianikian en particulier” in Hors Champ. Podedes ler o orixinal completo en francés aquí)

Mércores 16 de Abril ás 22:00:
Do polo ao ecuador
(Dal polo all’equatore, Yervant Gianikian / Angela Ricci-Lucchi, RFA / Italia, 1987, VO [sen diálogos], 96′).
Presentado por Margarita Ledo Andión.