Deixar o espectador á vontade

Titicut Follies (Titicut Follies, Frederick Wiseman, EUA, 1967)

Dixeches que Titicut Follies é mais didáctico do que os teus filmes posteriores. Existen secuencias que desexarías ter feito dun xeito diferente?

Si. O mellor exemplo é a alimentação forzada. Tiven un papel editor demasiado pesado nesa secuencia. No canto de intercalar coa preparación do tío para o seu funeral, era mellor se tivese mostrado a alimentación forzada como unha secuencia separada e logo outras secuencias e, despois, mostralo preparándose para o seu enterro. Cortándoo de xeito que se vexa que é a mesma persoa.
Penso que tal como o fixen forza o feito de que o tío é tratado mellor morto do que o foi vivo. Se o fixera como veño de describir, o espectador chegaba a esa mesma conclusión sen o forzar.

Cando o xuíz decidiu censurar Titicut Follies, a súa abertura foi unha das cousas que utilizou contra ela. “Cada espectador”, queixouse “é deixado para entender á vontade o que está sendo retratado e en que contexto”.

Acho que é unha boa descrición da técnica que usei ao longo do filme. Cando a técnica funciona, non funciona porque o espectador sexa levado cara á situación. Séntese presente, dalgún xeito, e terá que crear a sua propria opinión sobre o significado daquilo que está a ver. Iso é o que procurei facer en Follies, e é o que tentei refinar á medida que pasou o tempo.
Odio as novelas que son tan didácticas que sabes o motivo polo cal todos están a facer o que fan. E acho que non hai razón pola que un filme non poida ser tan complexo como unha novela.

(Anaco da entrevista de Jesse Walker a Frederick Wiseman para o Reason Magazine Online en Decembro do 2007. Podedes ler a entrevista completa en inglés aquí)